Estamos a recuperar unha gamela coruxeira doada por un socio, construída totalmente en madeira. A nosa intención é dotala de mastro e vela, e que sexa unha máis das que veremos este verán surcando a ría xunto coas de coruxo e cangas
Aproveitamos esta ocasión para animarvos a todos a que participedes nas singraduras en embarcacións tradicionais que temos programas para os mércores.
Pingback: Botadura Gamela “A Marosa” « Asociación de Marineros Artesanales y Deportivos San Miguel de Bouzas
Bos días. Chamome José Luis Escalante e comunicome con vostedes desde o centro de interpretación da pesca e a salga de O Grove.
Estamos tentando aquí de conseguir, unha gamela coruxeira para recuperar, pois temos dispoñible un bo artesan que está a rematar nestes intres a restauración de unha buceta.
Como estamos na ría de Arousa non temos tanta información coma vostedes sobre este tipo de barcos, e pretendemos establecer un contacto e pedir a súa colaboración.
O meu teléfono e : 672279254
Un saudo esperando a súa resposta.
José Luis