Arquivo para Julio 2006

Crónica da II Xuntanza

Lunes, 10 Julio 2006, por admin

Fai uns días celebramos a nosa II Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Vila de Bouzas.

Con moito traballo, pero con moita animación, conseguimos que fora un éxito do cal estamos moi orgullosos. Recibimos as felicitacións das autoridades que asistiron ós actos de inauguración, botadura da gamela coruxeira e a entrega de diplomas.

Estamos moi satisfeitos tamén de recibires os parabéns das tripulacións participantes, as cales lles agradecemos dende eiquí que participaran con nos nestas singladuras que entendemos que son en prol de defender e impulsar as diversas facetas da Cultura Marítima, nave na cal nos tamén estamos embarcados intentando aportar o noso grao de area.

Esta selección de fotos é para animar a tódolos socios e a tódalas persoas amantes do mar e das Tradicións Mariñeiras a que participen xunto con nos nestos eventos que con bos ventos chegaran a mellor porto.

Botadura Gamela “A Marosa”

Sábado, 1 Julio 2006, por admin

Hoxe, dentro dos actos da II Xuntanza fixemos a botadura da gamela coruxeira “A Marosa”.

Deixámosvos algunhas fotos para os que non puidérades estar alí.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad