Arquivo para 2010

O CONSTANTINO CANDEIRA

Miércoles, 29 Diciembre 2010, por marineros bouzas

Estaleiros Catoira de Rianxo acaba de rematar a construción dunha fermosa replica do emblemático pailebote “Constantino Candeira”.  Manolo quere deixar claro que non se trata dunha maqueta se non dunha replica a escala. O barco foi encargado para a casa museo permanente de Manuel Antonio que vai ser inaugurada proximamente en Rianxo. A rehabilitación da que fora súa casa na, rúa de Abaixo xa esta lista para dar cabida o material inédito do poeta. O historiador Xosé Luís Anxeito é o encargado de elaborar o proxecto museístico.

O Candeira foi o  pailebote no que o gran poeta rianxeiro Manuel Antonio nado en 1900 e finado en 1930,  concibiu o famoso  poemario  “De catro a catro”.  Despois de abandonar a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudou  Náutica en Vigo, ao acabar fixo as practicas de piloto, nese explendido barco de tres paus.

O veleiro  de 300 toneladas foi botado en 1915 polos irmáns Candeira. A súa ruta principal era de Galicia a Levante levando madeira e conservas, e no retorno viña cargado de sal e cemento. A pista do barco pérdese cando, durante a Guerra Civil foi ametrallado á altura de Castellón por avións franquistas. O Museo do Mar de Barcelona ten un xemelgo en activo o “Santa Eulalia”, que se pode visitar e gozar do verdadeiro pracer de andar pola súa cuberta e admirar a enxarcia.

INVITACIÓN FESTAS DO NADAL

Lunes, 20 Diciembre 2010, por marineros bouzas

 En camaderia mariñeira e como e tradición, socios e amigos tomaremos un “ viño galego….”

deseandonos boas festas e un bo ano.

Lugar : sede dá asociación ,mércores, día 22 de decembro ás 20.30 h.

A xunta directiva.

A BORDO DUN BARCO TRADICIONAL

Lunes, 20 Diciembre 2010, por marineros bouzas

A Asociación de Mariñeiros de Bouzas e unha entidade sociocultural comprometida co a recuperación e promoción das  tradicións mariñeiras en tódolos seus aspectos, tanto folclóricos como etnográficos.
Neste marco, a conservación,  promoción e difusión das embarcacións tradicionais, son o eixo central da nosa actuación.

Neste proxecto pretendese dar a coñecer as diferentes tipoloxias de embarcacións tradicionais a distintos colectivos sociais e a cidadania en xeral, co obxetivo de enseñar as novas xeracións, as técnicas de navegación,  de tal forma que non se perdan  as nosas tradicións e se impliquen na conservación e emprego destes barcos.
As actividades a desenvolver son as navegacións durante todos os mércores dende Maio a Setembro, onde, según as circunstancias, navegaremos en distintas embarcacións…

VISITA INSTITUCIONAL

Martes, 30 Noviembre 2010, por marineros bouzas

Mentres as administracións e institucións, tanto locais como galegas, nos prestan pouca atención, unha delegación da Wooden Boatbuilders Training Association, que coordina o CETMAR e formada por institucións de Francia, Reino Unido e Suecia, nos solicita unha visita guiada o pantalan de embarcacións tradicionais.
Eles si entenderon que este pantalan único na peninsula Iberica, e un auténtico museo con vida propia.

Representantes das institucións implicadas neste proxecto,  reúnense estes días en Vigo co obxetivo da creación dunha asociación de organizacións, encamiñadas o establecemento dunha rede de colaboración e comunicacións, orientadas a posta en valor das carpinterias de ribeira.

Ttamen esta previsto o intercambio de planos de embarcacións tradicionais entre os centros que participan nesta iniciativa, a representación mostrou interes en visitas posteriores poder navegar nos barcos.

CONCERTO EN BOUZAS

Miércoles, 10 Noviembre 2010, por marineros bouzas

O próximo Sábado 20, as 20:00 horas, estades todos invitados o Concerto de Corais da Canción Mariñeira.

Este ano,  celebraremolo no IES-AUDIOVISUAIS. 

Este concerto sera o que cerre  as actividades do ano 2010 dos Mariñeiros de Bouzas.  Dende eiqui  animamosvos a que asistades, posto que as corais que intervirán son moi valoradas polos expertos…


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad