Arquivo para marzo 2010

O último susto do pesqueiro Alfageme…

Lunes, 22 marzo 2010, por Corso

Fai poucos días, apareceu na prensa que estaba moi escorado e con peligro de quedar ca quilla o sol, pero como podedes ver nas fotos,  segue resistindo…

O “Bernardo Alfageme“,  buque pesqueiro de arrastre con casco de aceiro remachado, construído en “Hijos J. Barreras, S.A.” no ano 1944, ten unha eslora de 31 metros e 6 metros de manga.

É propulsado por un motor diesel da marca Deutz con 330 CV de Potencia.

A punto de ir a desguace nos primeiros días do ano 2000, foi nesas datas cando asociacións vinculadas o Patrimonio Maritimo deron a voz de alarma.

O barco estivera faenando ata o ano anterior,  polo que a maquinaria estaba en boas condicións

As súas caracteristicas e fasquia, asi como o astaleiro onde fora construído e os caladoiros de pesca onde faenara,  facían co barco fora un digno representante da Industria do Naval de Vigo, que tanto presumimos, como do Porto de Vigo, numero un na pesca nacional e dos mais importantes a nivel mundial.

Dende que o Pleno do Concello do de Vigo do 27 de Marzo do 2000, aceptara por unanimidade a doazón do buque, pasando a formar parte do inventario de bens do municipio, parecía que se rachaba a traxectoria  de desguazes para conservar algunha embarcación con valor histórico na ría.

Nesas datas uníase a conservación do barco no contexto da creación dun múelle de barcos históricos,  xa que Vigo, dende sempre, ocupou un lugar privilexiado en todo o que ten relación co mundo do mar. Na actualidade inda estamos esperando.

 Son as asociacións como Mariñeiros de Bouzas, as que defenden e dan pasos concretos na defensa dese Patrimonio Marítimo, posto que con moito traballo e dedicación, na actualidade podedes visitar o único de momento pantalan da península Ibérica dedicado exclusivamente o amarre de Barcos Tradicionais nos que saímos a navegar.

XA EMPEZOU A CAMPAÑA DE CARENADO DOS BARCOS

Martes, 9 marzo 2010, por Corso

Nesta ocasión, empezamos polo carocho, xa que tiña moita pintura saltada da madeira como si non quixera permanecer pegada a ela. Así que decidimos facerlle unha limpeza xeral.
Con moito traballo, rascouse toda a pintura do barco, chegando ata madeira.
Agora solo falta poñernos de acordo no seguinte paso, xa que cada un que pasa pola chabola da unha opinión distinta…