O último susto do pesqueiro Alfageme…

Fai poucos días, apareceu na prensa que estaba moi escorado e con peligro de quedar ca quilla o sol, pero como podedes ver nas fotos,  segue resistindo…

O “Bernardo Alfageme“,  buque pesqueiro de arrastre con casco de aceiro remachado, construído en “Hijos J. Barreras, S.A.” no ano 1944, ten unha eslora de 31 metros e 6 metros de manga.

É propulsado por un motor diesel da marca Deutz con 330 CV de Potencia.

A punto de ir a desguace nos primeiros días do ano 2000, foi nesas datas cando asociacións vinculadas o Patrimonio Maritimo deron a voz de alarma.

O barco estivera faenando ata o ano anterior,  polo que a maquinaria estaba en boas condicións

As súas caracteristicas e fasquia, asi como o astaleiro onde fora construído e os caladoiros de pesca onde faenara,  facían co barco fora un digno representante da Industria do Naval de Vigo, que tanto presumimos, como do Porto de Vigo, numero un na pesca nacional e dos mais importantes a nivel mundial.

Dende que o Pleno do Concello do de Vigo do 27 de Marzo do 2000, aceptara por unanimidade a doazón do buque, pasando a formar parte do inventario de bens do municipio, parecía que se rachaba a traxectoria  de desguazes para conservar algunha embarcación con valor histórico na ría.

Nesas datas uníase a conservación do barco no contexto da creación dun múelle de barcos históricos,  xa que Vigo, dende sempre, ocupou un lugar privilexiado en todo o que ten relación co mundo do mar. Na actualidade inda estamos esperando.

 Son as asociacións como Mariñeiros de Bouzas, as que defenden e dan pasos concretos na defensa dese Patrimonio Marítimo, posto que con moito traballo e dedicación, na actualidade podedes visitar o único de momento pantalan da península Ibérica dedicado exclusivamente o amarre de Barcos Tradicionais nos que saímos a navegar.


Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad