Arquivo para Abril 2010

Actualizado o programa de actividades para este ano

Martes, 6 Abril 2010, por marineros bouzas

Acabamos de actualizar a páxina co programa de actividades previsto para este ano que podedes consultar neste enlace.

Tende en conta que o programa esta suxeito a cambios, por falta de xente, tempo adverso, … Seguide este blogue para estar ao tanto das novidades.

Os jábegotes chegan a Bouzas

Sábado, 3 Abril 2010, por marineros bouzas

Nunha Barca de Jábega, na súa primeira etapa, remando dende Arcade ata Bouzas, chegaron os primeiros peregrinos en facer parte da Ruta Xacobea por Mar, e recalar na praia do Adro.

Este e o grupo de veteranos Jàbegotes (nome que reciben os remeiros da Barca de Jábega) do malagueño barrio de El Palo de Málaga.

A súa intención, era recorrer a remo o tramo Xacobeo das Rias Baixas dende Arcade ata Padrón, pasando por todas as Rias.

Pero as condicións climatoloxicas  impedironllo, polo que  tiveron que desprazar a embarcación por terra ata a Ria de Arousa,  facendo dende Porto Meloxo no Grove, as etapas finais remontando o Rio Ulla ata Padrón.

Parte do camiño da primeira travesía foron acompañados por Mar por un barco de Mariñeiros de Bouzas, onde foron recibidos pola Xunta, directiva da asociación e tamén pola Cofradia do Cristo dos Aflixidos.

O obxectivo dos remeiros, ademais de gañar o Xubíleo por Mar, e de dar a coñecer esta importante embarcación da costa Malagueña de orixe Fenicio, que a difundiron polo Mediterráneo sendo empleada ata fai poucos anos polos pescadores de toda de Andalucía.


Actualmente e utilizada para novos usos gracias a asociacións como “A Espailla”, que Xunto coa Federación Andaluza pola Recuperación do Patrimonio Marítimo, se preocupan de conservar estas xoias da que noutros tempos eran o sustento de moitas familias.

Proba da importancia que lle deron a estas singraduras, tanto o Concello de Santiago como o Bispado, e o feito de que lle permitiran desprazar a embarcación ata a praza do Obradoiro coma mostra da realización da peregrinación…


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad