Arquivo para Mayo 2010

Historia do príncipe e a sardiña…

Viernes, 14 Mayo 2010, por marineros bouzas

O día 11, inaugurouse no Museo do Mar, unha fermosa exposición que nos mostra as fotografías feitas polo príncipe Alberte I de Mónaco entre os anos 1886 e 1909.
En esos anos Alberte I  fixo varias expedicións a Galicia. O obxectivo das visitas, era estudar a pesca da sardiña para comprender porque este peixe desaparecera por completo das costas da Bretaña, e era tan abundante en Galicia.


Naquela época, a pesca e conservación da sardiña eran moi importantes para a economía bretoa, e Francia era o primeiro exportador mundial de conservas de peixe, mentres o principal tipo de conserva que se fabricaba en Galicia, era a salgadura de peixe…

Nas campañas, participaban prestixiosos naturalistas a eles debéselles un estudo comparativo da dieta das sardiñas galegas e bretoas, que inda se cita hoxe en día.
Cando compararon o contido da vísceras de sardiña, descubriron que a dieta dos  peixes galegos era especialmente rica en zooplancto…

Na exposición podemos apreciar as distintas tipoloxías de embarcacións que abundan neses anos nos portos de Galicia e tamen en Portugal, asi como o lavado do peixe  a venta, as vestimentas, os aparellos, os peiraos e outros detalles interesantes…

Martes, 11 Mayo 2010, por admin

SUSPENSION DE ACTIVIDADES PREVISTAS PARA LOS DÍAS

REMATANDO DE PREPARAR A FLOTA PARA SAIR A NAVEGAR

Sábado, 1 Mayo 2010, por marineros bouzas

Este mes houbo unha gran actividade na sede da asociación debido a preparación dos barcos, algúns xa están no mar casi listos para navegar, so pendentes dos mastros e velas.
A outros pouco lles falta o traballo mais importante nesta varada, o que xa se esta rematando no Carocho, que quedou ca madeira o aire. Leva un traxe novo, como se fora recen saído dun pendello, aquí tedes unha mostra…


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad