Historia do príncipe e a sardiña…

O día 11, inaugurouse no Museo do Mar, unha fermosa exposición que nos mostra as fotografías feitas polo príncipe Alberte I de Mónaco entre os anos 1886 e 1909.
En esos anos Alberte I  fixo varias expedicións a Galicia. O obxectivo das visitas, era estudar a pesca da sardiña para comprender porque este peixe desaparecera por completo das costas da Bretaña, e era tan abundante en Galicia.


Naquela época, a pesca e conservación da sardiña eran moi importantes para a economía bretoa, e Francia era o primeiro exportador mundial de conservas de peixe, mentres o principal tipo de conserva que se fabricaba en Galicia, era a salgadura de peixe…

Nas campañas, participaban prestixiosos naturalistas a eles debéselles un estudo comparativo da dieta das sardiñas galegas e bretoas, que inda se cita hoxe en día.
Cando compararon o contido da vísceras de sardiña, descubriron que a dieta dos  peixes galegos era especialmente rica en zooplancto…

Na exposición podemos apreciar as distintas tipoloxías de embarcacións que abundan neses anos nos portos de Galicia e tamen en Portugal, asi como o lavado do peixe  a venta, as vestimentas, os aparellos, os peiraos e outros detalles interesantes…


Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad