Arquivo para Junio 2010

ASI E COMO NACEU “A FALUCHEIRA “

Viernes, 25 Junio 2010, por marineros bouzas

Despois de trazala e facer as plantillas, pouco a pouco escollendo as madeiras, dandolle formas e ensamblandoas unhas coas outras, vai collendo as fasquias que pronto podremos contemplar…

Empezan as manobras para quitala do pendello de Domingo Ayaso,  para poder cargala nun camión o que non foi pouco chollo…

Pero cando as cousas se fan con ganas, non hai imposibles:

Despois dunha longa travesia na carpinteria de ribeira de Domingos, e de desplazarse enriba dun camión, por fin chegou o mar.
Agora solo falta armala, pertrechala e preparala para navegar e para a sua botadura oficial, como se merece, pois unha Dorna Xeiteira desta envergadura, non se bota o mar todos os dias.
Auguramolle boas singladuras…

  FERVEN AS ACTIVIDADES NA ASOCIACIÓN

Viernes, 4 Junio 2010, por marineros bouzas

Por unha banda, participamos na exposición do Museo do Mar co barco máis singular do Rio Miño, e ademais recentemente engalanado.
Aí os vai unha mostra, para os que non poidades visitar a exposición…

Por outra banda, a navegación do mércores pasado estibo moi animada, despois dos últimos traballos de aparellamento dos barcos saímos a navegar sete embarcacións, pero ademais en cinco tipoloxías diferentes,  e tamén tivemos tripulación internacional.
Nesta ocasión, navegou con nos, un Frances veterano dos barcos tradicionais na Bretaña, que andaba por aquí e oira falar de nos…


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad