ASI E COMO NACEU “A FALUCHEIRA “

Despois de trazala e facer as plantillas, pouco a pouco escollendo as madeiras, dandolle formas e ensamblandoas unhas coas outras, vai collendo as fasquias que pronto podremos contemplar…

Empezan as manobras para quitala do pendello de Domingo Ayaso,  para poder cargala nun camión o que non foi pouco chollo…

Pero cando as cousas se fan con ganas, non hai imposibles:

Despois dunha longa travesia na carpinteria de ribeira de Domingos, e de desplazarse enriba dun camión, por fin chegou o mar.
Agora solo falta armala, pertrechala e preparala para navegar e para a sua botadura oficial, como se merece, pois unha Dorna Xeiteira desta envergadura, non se bota o mar todos os dias.
Auguramolle boas singladuras…

Un pensamiento en “ASI E COMO NACEU “A FALUCHEIRA “

  1. Abofé que A Falucheira é unha xoia.
    Noraboa pola Falucheira e polas outras lanchas.
    Fan vostedes un gran traballo.

    Saude

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *