VISITA INSTITUCIONAL

Mentres as administracións e institucións, tanto locais como galegas, nos prestan pouca atención, unha delegación da Wooden Boatbuilders Training Association, que coordina o CETMAR e formada por institucións de Francia, Reino Unido e Suecia, nos solicita unha visita guiada o pantalan de embarcacións tradicionais.
Eles si entenderon que este pantalan único na peninsula Iberica, e un auténtico museo con vida propia.

Representantes das institucións implicadas neste proxecto,  reúnense estes días en Vigo co obxetivo da creación dunha asociación de organizacións, encamiñadas o establecemento dunha rede de colaboración e comunicacións, orientadas a posta en valor das carpinterias de ribeira.

Ttamen esta previsto o intercambio de planos de embarcacións tradicionais entre os centros que participan nesta iniciativa, a representación mostrou interes en visitas posteriores poder navegar nos barcos.

CONCERTO EN BOUZAS

O próximo Sábado 20, as 20:00 horas, estades todos invitados o Concerto de Corais da Canción Mariñeira.

Este ano,  celebraremolo no IES-AUDIOVISUAIS. 

Este concerto sera o que cerre  as actividades do ano 2010 dos Mariñeiros de Bouzas.  Dende eiqui  animamosvos a que asistades, posto que as corais que intervirán son moi valoradas polos expertos…

UNHA LONGA TRAVESIA…

Dende Maio é ata Outubro, saimos a navegar todos os mercores. Este foi un ano moi animado en canto as navegacións. Dependendo da dispoñibilidade dos patróns e das persoas que nos visitaron, navegamos cada mercores dende un minimo de tres embarcacións e ata oito no mesmo dia, polo que estimamos que navegaron con nos, varios centos de persoas que puderon disfrutar destas embarcacións e sentir o pracer de navegar en barcos de madeira a vela con cheiro a brea…

 Ademais, como outros, anos tamen fixemos saidas especiais co afan de colaborar con grupos sociais como Alborada e Arela, iniciativas todas elas de cara o apoio da xuventude con problemas. Falamoslle do Patrimonio Marítimo os levamos a navegar a vela, e comentamos as maniobras propias da de navegación…

 E tamén, o longo do ano ,ademais dos mercores e das navegacions cos grupos sociais, os fins de semana fixemos singraduras para ir a outros portos a participar nas distintas Xuntanzas de Barcos Tradicionais que organizan asociación como a nosa.

Dende Exposende en Portugal, ou o clasico de Vila do Conde, que vamos ano tras ano ou lugares tan distintos como Monforte de Lemos,  onde navegamos polo Rio Cave.

Naturalmente, tamén navegamos cos nosos veciños de Moaña, acudimos o tamen clasico de Combarro, estivemos navegando en Aldan, e non podiamos faltar os veteranos Galos de Bueu.

Como novidade, tamen participamos na regata de Clasicos de San Vicente do Mar, asi que soio os mostramos alguhas da s fotografias das distintas navegacións…

CHEGAMOS A DOCENA…

O noso concurso de pesca xa  é unha cita obrigada para moitos pescadores, aínda que como é loxico, existe certa competividade, quizais ese non sexa  o motivo principal da xenerosa participación. 

 Ofrecemovos debaixo unhas imaxes deste ano.

Entendemos que son moitos os pescadores que participan nesta xornada só co ánimo de pasar un día de confraternidade mariñeira, onde o pricipal, e a gran fritada mariñeira  e a caldeirada que se organiza o rematar a entrega de premios, onde todos gozamos dos manxares que nos ofrece o mar…