O noso concurso de pesca xa é unha cita obrigada para moitos pescadores, aínda que como é loxico, existe certa competividade, quizais ese non sexa o motivo principal da xenerosa participación.
Ofrecemovos debaixo unhas imaxes deste ano.
Entendemos que son moitos os pescadores que participan nesta xornada só co ánimo de pasar un día de confraternidade mariñeira, onde o pricipal, e a gran fritada mariñeira e a caldeirada que se organiza o rematar a entrega de premios, onde todos gozamos dos manxares que nos ofrece o mar…