UNHA LONGA TRAVESIA…

Dende Maio é ata Outubro, saimos a navegar todos os mercores. Este foi un ano moi animado en canto as navegacións. Dependendo da dispoñibilidade dos patróns e das persoas que nos visitaron, navegamos cada mercores dende un minimo de tres embarcacións e ata oito no mesmo dia, polo que estimamos que navegaron con nos, varios centos de persoas que puderon disfrutar destas embarcacións e sentir o pracer de navegar en barcos de madeira a vela con cheiro a brea…

 Ademais, como outros, anos tamen fixemos saidas especiais co afan de colaborar con grupos sociais como Alborada e Arela, iniciativas todas elas de cara o apoio da xuventude con problemas. Falamoslle do Patrimonio Marítimo os levamos a navegar a vela, e comentamos as maniobras propias da de navegación…

 E tamén, o longo do ano ,ademais dos mercores e das navegacions cos grupos sociais, os fins de semana fixemos singraduras para ir a outros portos a participar nas distintas Xuntanzas de Barcos Tradicionais que organizan asociación como a nosa.

Dende Exposende en Portugal, ou o clasico de Vila do Conde, que vamos ano tras ano ou lugares tan distintos como Monforte de Lemos,  onde navegamos polo Rio Cave.

Naturalmente, tamén navegamos cos nosos veciños de Moaña, acudimos o tamen clasico de Combarro, estivemos navegando en Aldan, e non podiamos faltar os veteranos Galos de Bueu.

Como novidade, tamen participamos na regata de Clasicos de San Vicente do Mar, asi que soio os mostramos alguhas da s fotografias das distintas navegacións…

Un pensamiento en “UNHA LONGA TRAVESIA…

  1. noraboa e moito ánimo para continuar coa divulgación da navegación tradicional, nestas embarcacións tan fermosas que engrandecen as nosas rías
    un saúdo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *