Arquivo para Diciembre 2010

O CONSTANTINO CANDEIRA

Miércoles, 29 Diciembre 2010, por marineros bouzas

Estaleiros Catoira de Rianxo acaba de rematar a construción dunha fermosa replica do emblemático pailebote “Constantino Candeira”.  Manolo quere deixar claro que non se trata dunha maqueta se non dunha replica a escala. O barco foi encargado para a casa museo permanente de Manuel Antonio que vai ser inaugurada proximamente en Rianxo. A rehabilitación da que fora súa casa na, rúa de Abaixo xa esta lista para dar cabida o material inédito do poeta. O historiador Xosé Luís Anxeito é o encargado de elaborar o proxecto museístico.

O Candeira foi o  pailebote no que o gran poeta rianxeiro Manuel Antonio nado en 1900 e finado en 1930,  concibiu o famoso  poemario  “De catro a catro”.  Despois de abandonar a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudou  Náutica en Vigo, ao acabar fixo as practicas de piloto, nese explendido barco de tres paus.

O veleiro  de 300 toneladas foi botado en 1915 polos irmáns Candeira. A súa ruta principal era de Galicia a Levante levando madeira e conservas, e no retorno viña cargado de sal e cemento. A pista do barco pérdese cando, durante a Guerra Civil foi ametrallado á altura de Castellón por avións franquistas. O Museo do Mar de Barcelona ten un xemelgo en activo o “Santa Eulalia”, que se pode visitar e gozar do verdadeiro pracer de andar pola súa cuberta e admirar a enxarcia.

INVITACIÓN FESTAS DO NADAL

Lunes, 20 Diciembre 2010, por marineros bouzas

 En camaderia mariñeira e como e tradición, socios e amigos tomaremos un “ viño galego….”

deseandonos boas festas e un bo ano.

Lugar : sede dá asociación ,mércores, día 22 de decembro ás 20.30 h.

A xunta directiva.

A BORDO DUN BARCO TRADICIONAL

Lunes, 20 Diciembre 2010, por marineros bouzas

A Asociación de Mariñeiros de Bouzas e unha entidade sociocultural comprometida co a recuperación e promoción das  tradicións mariñeiras en tódolos seus aspectos, tanto folclóricos como etnográficos.
Neste marco, a conservación,  promoción e difusión das embarcacións tradicionais, son o eixo central da nosa actuación.

Neste proxecto pretendese dar a coñecer as diferentes tipoloxias de embarcacións tradicionais a distintos colectivos sociais e a cidadania en xeral, co obxetivo de enseñar as novas xeracións, as técnicas de navegación,  de tal forma que non se perdan  as nosas tradicións e se impliquen na conservación e emprego destes barcos.
As actividades a desenvolver son as navegacións durante todos os mércores dende Maio a Setembro, onde, según as circunstancias, navegaremos en distintas embarcacións…


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad