O CONSTANTINO CANDEIRA

Estaleiros Catoira de Rianxo acaba de rematar a construción dunha fermosa replica do emblemático pailebote “Constantino Candeira”.  Manolo quere deixar claro que non se trata dunha maqueta se non dunha replica a escala. O barco foi encargado para a casa museo permanente de Manuel Antonio que vai ser inaugurada proximamente en Rianxo. A rehabilitación da que fora súa casa na, rúa de Abaixo xa esta lista para dar cabida o material inédito do poeta. O historiador Xosé Luís Anxeito é o encargado de elaborar o proxecto museístico.

O Candeira foi o  pailebote no que o gran poeta rianxeiro Manuel Antonio nado en 1900 e finado en 1930,  concibiu o famoso  poemario  “De catro a catro”.  Despois de abandonar a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudou  Náutica en Vigo, ao acabar fixo as practicas de piloto, nese explendido barco de tres paus.

O veleiro  de 300 toneladas foi botado en 1915 polos irmáns Candeira. A súa ruta principal era de Galicia a Levante levando madeira e conservas, e no retorno viña cargado de sal e cemento. A pista do barco pérdese cando, durante a Guerra Civil foi ametrallado á altura de Castellón por avións franquistas. O Museo do Mar de Barcelona ten un xemelgo en activo o “Santa Eulalia”, que se pode visitar e gozar do verdadeiro pracer de andar pola súa cuberta e admirar a enxarcia.


Deixa un comentario