Botadura en Vigo

Sen ningún problema, como cabía esperar, Barreras procedeu á botadura do “Volcán de Tinamar”,  un ferry de 175 metros de eslora. Este buque é o máis grande dos construídos integramente en Vigo, xa que o seu irmán xemelo, ainda que armado en Vigo, o seu casco foi feito en Portugal por ter Barreras as gradas completamente ocupadas.

A pesar da longa experiencia do estaleiro nestas manobras,  sempre levan aparelladas certos riscos polo que os responsables, cando miran flotar o barco respiran con tranquilidade. Á primeira hora da tarde xa había xente esperando para entrar no asteleiro xa que nos últimos tempos permítese a entrada ás botaduras dos barcos.

Máis información sobre esta botadura do “Volcán de Tinamar” nos medios.

Por Todos Os Mares Do Mundo

Industrias Ferri, que traballa fundamentalmente para o Sector Naval de Vigo, editou unha edición especial  deste libro, para repartir como regalo de fin de ano ós empleados,  clientes e persoas relacionadas coa empresa. O libro fai un extenso repaso do mundo da pesca en Vigo no século XX, con datos sobre os barcos, as empresas, e interesantísimas entrevistas a patróns pioneiros no descubremento de caladoiros de pesca, así como tamén do transcendental cambio que supuxeron os barcos conxeladores neste mundo.

Os Reis chegaron a Bouzas

Como ven sendo tradición ano tras ano, en Bouzas a Asociación de Veciños organizou unha Cabalgata de Reis, e a Asociación de Mariñeiros colaborou no evento participando no desfile. A nosa carroza consistía nun barco armado co seu mastro, simulando a recollida dun aparello con peixes, ainda que faltaron os mariñeiros e tamén algo máis luz para que lucira mellor, tal como podedes apreciar na fotos. A pesares de todo, o tempo concedeunos un respiro e os asistentes puideron disfrutar do desfile e da nosa carroza, que estivo ben bonita.