Botadura en Vigo

Sen ningún problema, como cabía esperar, Barreras procedeu á botadura do “Volcán de Tinamar”,  un ferry de 175 metros de eslora. Este buque é o máis grande dos construídos integramente en Vigo, xa que o seu irmán xemelo, ainda que armado en Vigo, o seu casco foi feito en Portugal por ter Barreras as gradas completamente ocupadas.

A pesar da longa experiencia do estaleiro nestas manobras,  sempre levan aparelladas certos riscos polo que os responsables, cando miran flotar o barco respiran con tranquilidade. Á primeira hora da tarde xa había xente esperando para entrar no asteleiro xa que nos últimos tempos permítese a entrada ás botaduras dos barcos.

Máis información sobre esta botadura do “Volcán de Tinamar” nos medios.


4 Respostas a “Botadura en Vigo”

  1. antonio dice:

    boa botadura e que teña boas singladuras

  2. anatagalla dice:

    A madriña foi unha empregada dá naviera Armas por botación popular entre os seus
    traballadores-as. Moi fermoso detalle pola Naviera.

  3. Javi dice:

    Non sabía que se permitía a entrada a xente de fora, cómo se pode enterar un para próximas botaduras?
    un saúdo.

  4. anatagalla dice:

    Uns dias antes pola prensa.

Deixa un comentario