Arquivo para Febrero 2011

Mais novas para os socios

Jueves, 24 Febrero 2011, por marineros bouzas

A Asociación de Mariñeiros Bouzas informa, que tanto a programación de actividades, como os orzamentos, están pendentes de súa elaboración pola Xunta Directiva que saia elixida na próxima asemblea, do venres 25 de febreiro.

A Xunta Directiva en funcións.

Aviso para todos os socios

Martes, 15 Febrero 2011, por marineros bouzas

A Xunta Directiva de Mariñeiros Bouzas recorda a todos os  socios que o vindeiro venres 25 de Febreiro ás 19 horas en primeira convocatoria  e ás 19,30 en segunda, celebrarase a asemblea onde se elixirá a nova Xunta Directiva, polo que pregamos a todolos socios que fagades un esforzo e colaboredes coa vosa asistencia.

Barcos na bahía de Setubal

Martes, 15 Febrero 2011, por marineros bouzas

O igual que en Galicia, na Baia de Setúbal situada no sur de Portugal, noutros tempos en que o transporte por carreteira era  case que imposible, tamén os barcos xogaron un papel fundamental no transporte de todo tipo de mercadorías. Hoxe algúns destes barcos seguen a navegar nas mans dos amantes das tradicións mariñeiras. Nestas fotos tedes unha moi pequena mostra deses barcos.

Outras botaduras

Miércoles, 2 Febrero 2011, por marineros bouzas

Con motivo da botadura de Barreras xenerouse en Mariñeiros Bouzas unha liña de discusión entorno o método das botadura que comentamos.  Nos estaleiros de Vigo empleanse fundamentalmente dous tipos de botaduras, a botadura controlada (sistema que utiliza Freire por exemplo) na cal os barcos apoianse sobre carros de aceiro dotados de rodas de gran resistencia. Estes carros van unidos entre si con fortes tirantes formando un tren, e desta maneira o barco situado por riba dos carros deslízase por uns raís de aceiro similares os das vías do tren  mediante cables de aceiro controlados por unha gran maquinilla, que pode largar ou subir o barco de maneira totalmente controlada.

O sistema que utiliza Barreras botadura lanzada e completamente distinto. Neste caso o barco deslízase ata o mar a través dunhas anguías. Sobre rampas de cemento armado teñen montadas pezas de madeira de gran resistencia ancladas no cemento, as cales, previamente á botadura, imprégnanse dunha graxa especial cunha gran resistencia á temperatura. Enrriba destas pezas móntanse outras madeiras onde se apoiará a embarcación, que unha vez se corte a suxeción da mesma fai que se deslice cara o mar. O unico control de freo que evita que os barcos alcancen excesiva velocidade,  consiste en grandes cadeas amarradas ó barco que co seu peso e arrastre calculado permiten un control.

En canto ó moi comentado sistema de apoio do barco nas anguías, é excepcional, xa que se trata duns soportes calculados cunhas grandes caixas de aceiro herméticas  que conteñen area completamente seca. Estes soportes progresivamente vanse sustituindo polos soportes de armamento quedando o barco totalmente apoiado nas caixa de area, as cales levan unha pequena porta que ó abrila vai soltado a area. Isto fai que o barco comece a baixar en altura ata quedar totalmente apoiado nas anguías e sobre estas chega o mar.

No mundo aí outros sistemas, si vedes o vídeo podes ver outro sistema ben curioso.

[cvg-video videoId='3' /]


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad