Arquivo para Abril 2011

Actualización do apartado “Os Nosos Barcos”

Lunes, 25 Abril 2011, por marineros bouzas

Dende que se cambiou o formato desta páxina, quedara pendente poñer o día o apartado de   Os Nosos Barcos. Por fin, nos últimos días, dedicándolle o tempo necesario se puido actualizar. Agora, se pinchades nese botón poderedes ver os barcos da asociación; ainda queda pendente incorporar fotos de algúns barcos navegando, que non tiña.

Máis adiante se intentará incorpora-las embarcacións cedidas e tamén algúns barcos dos socios que amarran no primeiro pantalán da península Ibérica de uso exclusivo para barcos tradicionais.

Aqui tamén se traballa!

Lunes, 18 Abril 2011, por marineros bouzas

Xa miramos que alí pola Arousa haiche xente moi traballadora, pero aquí tamén se traballa, mentres os uns fan de carpinteiros de ribeira, os outros dan chapapote, algúns fan chollo de oficina e os demais  levan ós rapaces a facer seu bautismo de mar, coa particularidade de que a metade dos bautizados eran rapaces ingleses, que ainda vivindo nunha illa non navegaran nunca…

 

Proxección de fotos e Charla Coloquio sobre “A Falucheira”

Domingo, 10 Abril 2011, por marineros bouzas

O xoves 14 de Abril as 20:30, no Salón de actos da Asociación de Veciños de Bouzas está programado facer unha proxección de fotografías sobre a construción da dorna xeiteira “A Falucheira.”

Durante a proxección aproveitarase para facer unha charla coloquio entre o público asistente.

A entrada, coma sempre, é libre.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad