Actualización do apartado “Os Nosos Barcos”

Dende que se cambiou o formato desta páxina, quedara pendente poñer o día o apartado de   Os Nosos Barcos. Por fin, nos últimos días, dedicándolle o tempo necesario se puido actualizar. Agora, se pinchades nese botón poderedes ver os barcos da asociación; ainda queda pendente incorporar fotos de algúns barcos navegando, que non tiña.

Máis adiante se intentará incorpora-las embarcacións cedidas e tamén algúns barcos dos socios que amarran no primeiro pantalán da península Ibérica de uso exclusivo para barcos tradicionais.


Deixa un comentario