Lanchas de relinga en 1920

 

 

Entrando no Mar de Vigo en 1920, como patrón do veleiro “Tern III”, o navegante inglés Claud Worth reparou na Lancha de Relinga e no Galeón. Na súa auto-biografía de navegante e estudoso da vela, “Yacht Cruising”, incluíu tres deseños seus: un do Galeón e dous da xeiteira, feitos nesa visita a Vigo.

 

Do Galeón de carga, reproduce un esquema do aparello que lle trae a memoria os Saveiros de Lisboa. Onde pon máis atención e detalle é na Lancha do Xeito, nas singulariedades do sinxelo aparello, nas figuras dos tripulantes (tres e un checho de mar) e no funcionamento da vara de portar. Despois comenta: “Toda esta costa, e principalmente a comprendida entre as Cies e o Cabo de Fisterra, é e máis bonita que se poida imaxinar para unha navegación de cruceiro. Se na costa inglesa tivermos unhas rías coma as de Vigo, Pontevedra, Arousa ou Muros, estarían ateigadas de veleiros. Pero polo que parece, os Galegos non queren ir ao mar por se divertiren”.
“Yacht Cruising” contén diarios de varias singraduras de Worth, con moitas observacións sobre aparellos de vela e formas de aumentar a seguridade. O libro foi varias veces reimprentado e hoxe considérase un clásico da vela de altura.

 

 


2 Respostas a “Lanchas de relinga en 1920”

  1. Suso dice:

    Ola compañeiros. Preciosa reportaxe. Pero, vos diredes, a min o deseño da primeira imaxe paréceme talmente unha dorna meca: mirádelle o lanzamento da proa e o perfil da estampa de popa, así como a inclinación do temón…
    Unha aperta

    Suso

  2. M. Parada dice:

    Estou totalmente de acordo

Deixa un comentario