Arquivo para Agosto 2011

Concurso de Pesca Infantil

Miércoles, 31 Agosto 2011, por marineros bouzas

 

O pasado sábado 27 de agosto celebramos  o XI Concurso de Pesca Infantil. Este concurso está orientado a fomentar entre os máis cativos actividades de ocupación do  tempo libre sanas, e tamén para concienciar dun xeito práctico o importante que é respecta-los nosos mares.

A pesca que propuxemos ós máis pequenos e un tipo de pesca responsable e selectiva,  tal como se chama na Federación de Pesca á cal pertencemos (http://fedpemar.es/), e que consiste en explica-la técnica do engado, cómo se ceban os anzois e máis cousas. Tras cada captura, ésta pesábase e despois era devolta o mar.

Ós catro primeiros entregóuselles unha caña de pescar con carrete,  e a tódolos participantes agasallámolos cunha bolsa con artes de pesca, e tamén un libro con datos e consellos sobre a pesca deportiva, escrito polo socio Xoaquín Suárez Davila, do cal mostrámosvos a portada.

Os camiños do mar hacia Compostela

Sábado, 13 Agosto 2011, por admin

Despois de coordinarse coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e cos Mariñeiros de Bouzas, na Semana Santa de 2010, nunha Barca de Jábega, de orixe Fenicio recalaron na praia do Adro de Bouzas os primeiros peregrinos en facer parte da Ruta Marítima Xacobea. Debido ao mal tempo que houbo nesas datas non puideron facer todo o percorrido previsto, pero si conseguiron chegar co barco ata a mesma praza do Obradoiro.

Nos pasados días a II Ruta Marítima do Cabaleiro das Cunchas navegou pola Ría de Vigo, e os barcos de Mariñeiros de Bouzas os acompañamos. Na etapa que recalou na Illa de San Simón, puidemos desfrutar dos moitos encantos que ten a illa, sen esquecernos das páxinas máis amargas da súa historia cando os golpistas de 1936 converten este lugar nunha cárcere.

Tamén navegamos nos ríos

Martes, 2 Agosto 2011, por marineros bouzas

 

 

Ainda que a páxina mostrase pouca actividade, o certo e que se fai moito mais do que se ve. O pasado fin de semana, dous barcos de Bouzas foron participar nas navegacións do Rio Cabe en Monforte, e outra embarcación formou parte da III Festa das Tradicións Mariñeiras da Guarda. Nótase que gusta máis navegar nos barcos que quitar fotos, porque non temos ningunha imaxe deses eventos, polo que aproveitamos para poñer unhas fotos do pasado encontro, que o lóxico sería dedicarlle moitas máis entradas.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad