Estivemos navegando polos mares da Póvoa, con dúas embarcacións de Bouzas, encantados de participar nos 20 anos do proxecto de recuperación da Lancha Póveira do Alto, un encontro que contaba cun amplo programa que incluíu regatas, conferencias, a inauguración dunha exposición, e unha sesión de poesías dedicada a Manuel Lopes, un dos grandes responsables da consecución deste proxecto.
Noso amigo Manuel, o antigo director da Biblioteca Municipal Roxa Peixoto, principal impulsor da lancha, foi recordado dunha forma moi especial o sábado pola noite na sesión do Memorial Manuel Lopes, onde quedamos abraiados pola forza do homenaxe e sorprendidos pola actuación do tripulante da lancha José Peixoto na guitarra, o periodista que nos dedicou varias crónicas a asociación de Bouzas.
Nós non podiamos faltar a este homenaxe, xa que Manuel Lopes ademais de ser moi querido en toda Galiza, os de Bouzas o recordamos con moito agarimo, xa que foi precisamente na II XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE BOUZAS, celebrada no 2006, o ultimo viaxe por mar de Manuel, quen navegou dende a Póvoa ata Bouzas na Lancha, e á volta por terra, por motivo das súas doenzas.
A Federación Galega participou activamente no homenaxe, como podedes ver na súa paxina. Deixámosvos debaixo o ultimo parrafo da intervención de Dionisio Pereira no homenaxe a Manuel Lopes:
“Por iso, Manuel e Octávio forman parte da nosa historia e nos acompañan en cada paso que damos. E tamén por iso, na medida en que actuemos e sexamos consecuentes coa nosa raigame e cos nosos sinais de identidade máis queridos e máis distintivos, Manuel Lopes e Octávio Lixa Filgueiras permanecerán vivos connosco.
“In memoriam”. Na súa memoria.”