Arquivo para Abril 2012

Xornada de Traballos e Medio Ambiente mariño

Domingo, 15 Abril 2012, por marineros bouzas

Encadrado no programa de actividades,  o vindeiro sábado 5 de maio a partir das 9,00 da maña, a nosa asociación dedicará o día  ó medio ambiente mariño. O igual co pasado ano, estanse a organizar distintos equipos para, uns por terra e outros por mar, co apoio de submarinistas, deixa-la zona limpa de restos de barcos séme enterrados, cabos, plásticos, madeiras ou calquera outra cousa que non pertenza o mar. Todos os socios e colaboradores estades invitados a participar nesta xornada.

Barcos de Bouzas en Brasil

Miércoles, 11 Abril 2012, por marineros bouzas

 

No ultimo Encontro de Barcos Tradicionais da Federación celebrado en Carril, visitounos o defensor da Cultura Marítima Brasileiro Luís Antonio Vellez, e entre as moitas fotografías que tomou, escolleu para a portada da revista Brasileira “Velejar” unha fotografía da dorna “Nova Froiña” navegando nas augas Carrileiras, así, que ai temos o noso Alberto Montenegro, navegando por todos os rincons de Brasil a onde chega a revista.  Si ides o seguinte enlace podedes ver a magnifica fotografía.                          http://acddorna.org/blog/blog.php?id=588


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad