A regata de faluchos

Nesta foto do ano pasado, podedes ver como Mariano Vilar perdeu seu titulo de  “Campión do Mundo de Faluchos”,  durante un ano foi Carlos Puga quen desfrutou do honor de ser o Campión Mundial, desta extraordinaria proba.

A regata de veteranos e a que desperta maior entusiasmo entre os asistentes que ano tras ano veñen a participar ou a desfrutar,  vendo a competividade das distintas mangas.  Este ano ca súa técnica moi depurada, Mariano arrebatoulle o titulo a Carlos, seu principal competidor.

Nesta primeira foto vense os faluchos preparados para a verificación dos árbitros. A gran festa dos faluchos, que cada ano facemos coincidir co sábado das Festas de Bouzas, xa se celebraban nos anos 30 do século pasado, despois dun longo período no dique seco, o nacemento desta asociación, fixo posible que poidamos desfrutar destas fermosas regatas.

As mulleres tamén participan, é cada ano vanse sumando mais, as incondicionais, ano tras ano non faltan a cita.  Os premios e agasallos, que sempre dona a Cofradía do Cristo, cos organizadores da Festas de Bouzas tamén animan a participación, son unhas moi dignas reproducións  dos propios faluchos en miniatura,  feitas en porcelana, cos bordes de ouro prata ou bronce.


Unha resposta a “A regata de faluchos”

  1. antonio dice:

    Moito ben Braulio, pero curta a cronica e as fotos

Deixa un comentario