Arquivo para Agosto 2012

Navegando por Moaña

Sábado, 18 Agosto 2012, por marineros bouzas

Aproveitamos a Xuntanza de Moaña, para saír a navegar e dar a coñecer un dos tesouros vivos de Galicia, os barcos de traballo dos galegos, onde os mariñeiros ganábanse a vida, e tamén como describe maxistralmente Anxo Angueira no seu libro ” Iria ” onde moitos encontraron a morte.  Nesta foto podemos ver a manobra da gamela, que era a embarcación de Artes Menores de mais uso na Ria de Vigo, é altamente apreciada para a pesca da robaliza.

 

XII Concurso de pesca infantil 2012

Miércoles, 15 Agosto 2012, por marineros bouzas

O próximo sábado 18 de agosto de 09,30 a 12,30, celebraremos o XII Concurso de Pesca Infantil. A finalidade desta actividade esta orientada a fomentar entre os mais pequenos a pesca responsable, así como a respectar o medio ambiente mariño.

As bases do concurso recóllense na asociación, é participar no mesmo, implica a aceptación e cumprimento das base establecidas para seu desenrolo, adiantamos que a modalidade de pesca será corcheo sin morte.

Haberá premios para os cinco primeiros clasificados, e agasallos para os demais participantes que deberan estar acompañados dun adulto responsable dos mesmos. O concurso esta aberto para todos os que queiran participar, sendo a idade máxima 12 anos

 

As velas de Bouzas escoltan o Cabaleiro das cunchas a San Simon

Domingo, 12 Agosto 2012, por marineros bouzas

Despois das recaladas nos portos de Matosinhos e Viana do Castelo, os barcos da pelerinaxe marítima do Cabaleiro das Cunchas entraron no Mar de Vigo no serán do 31 de xullo, onde foron recibidos por unha frota da asociación dos mariñeiros de Bouzas e do Liceo Marítimo, que lles deron convoi deica porto. No día 1 de agosto, ás dez da maña, a flota do cabaleiro largou amarras para a Illa de San Simón, A Oleira, A Falucheira, e o galeón Coruxo navegaron ca expedición. Despois do refrixerio no vello edificio da Enfermeria da Illa reformado por César Portela, o sol despediuse na illa. A volta, os barcos bolinaron contra o Suroeste e a borralleira.

Comunicado para socios: Achega de datos

Domingo, 5 Agosto 2012, por marineros bouzas

Estimados socios:

Existen leis e normativas que, obrígannos, obrigan a asociación a dar cumprimento a unha serie de requisitos legais que implican a colaboración de todos os socios na actualización e achega de nova documentación.

Estas leis son as referidas fundamentalmente a Protección de Datos e a Matriculación de Embarcacións, a saber:

  • Ley 15/1 999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal
  • Ley 33/2010, de 5 de agosto, de modificación de la ley 48/2003, de 26 de noviembre, de régimen económico y de prestación de servicios en los puertos de interés general”
  • Real Decreto 1435/2010, de 5 de noviembre, por el que se regula el abanderamiento y matriculación de las embarcaciones de recreo en las listas sexta y séptima del registro de matrícula de buques

A Xunta Directiva da asociación agradece e felicita, a todos aqueles socios que xa realizaron o esforzo de por ao día os datos necesarios para dar cumprimento a estas normativas.

    Mais, vémonos obrigados a solicitar de novo aos socios que inda non teñan toda a documentación completa que fagan todo o posible por cumprimentar o solicitado e actualizar os seus datos nos locais da Asociación. Entendemos que isto e un engorro para os socios, e tamén supón un gran esforzo e traballo por parte da XD, pero é unha obrigación legal, necesaria para o funcionamento da Asociación e dos pantaláns.

    A XD


    Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
    Privacidad