Arquivo para Septiembre 2012

Colaboramos co Colexio Alborada

Jueves, 27 Septiembre 2012, por marineros bouzas

O profesor de ciencias Alberto García considera que a preparación dos alumnos no campo da investigación e fundamental, por iso esta moi implicado co Colexio Alborada de Vigo, que dende fai uns anos esta desenrolando actividades de investigación fora do horario escolar, profesores e alumnos están levando a cabo distintos proxectos.

Un dos proxectos que están desenrolando en colaboración ca universidade de Vigo, consiste en muestrear diversos puntos da Ria de Vigo para analizar a biodiversidade, e identificar especies indicadoras de contaminación.

Mariñeiros Bouzas, colaborou nesta investigación asesorando nas faenas mariñeiras e fondeando captadores, tanto nos seus pantalans como no entorno, embarcando os xoves investigadores para desprazándose a diversos puntos fondear os captadores e facer seguimentos.

Agora cítanos na prestixiosa revista Tres Campus http://www.aauvigo.org/servicios.htm


XIV Concurso de Pesca

Lunes, 10 Septiembre 2012, por marineros bouzas

O vindeiro SÁBADO 15 DE SETEMBRO, nosa asociación organiza o XIV Concurso de Pesca dende embarcación en modalidade libre. Este concurso esta aberto a todos aqueles que queiran participar e cumpran as normativas, sendo o horario do mesmo o seguinte:

Data: 15 de setembro.

Lugar: pantaláns da asociación.

Hora de saída: a partir das 8 da mañá.

Hora limite de recepción do peixe: as 16,30 no local da asociación.  A continuación iniciarase a pesada das capturas

As inscrición estarán abertas ata o día 14 ás 21 horas no local da asociación.  No momento de inscribirse se fará entrega das bases e normas que rexerán o concurso, e a entrega de premios farase a partir das 20 horas. Haberá premios para os 10 primeiros clasificados, para a peza de mais peso, e para o lote de pezas mellor presentado ó xurado; haberá tamén un sorteo de agasallos se a organización consegue doazóns.

Coma en anos anteriores, coa doazón de parte das pezas capturadas, farase para os participantes no concurso unha fritada mariñeira, e se se pode unha caldeirada, que degustaremos despois da entrega de trofeos.

Moita sorte a todos os participantes!



Boas singraduras ao novo boletín

Miércoles, 5 Septiembre 2012, por marineros bouzas

 

A Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e de Recreo, a cal nosa asociación pertence e apoia activamente formando parte da Xunta Directiva, acaba de editar un Boletín http://www.fedpemar.es/Boletin1.pdf

O novo Boletín,  ponnos o día con información moi interesante, nel poderedes atopar artigos sobre os asuntos relacionados ca pesca de recreo responsable, neste premer numero fálanos da reunión do Consello Galego de Pesca, onde a FGPMR conta cun representante, e tamén nos informa acerca do I Circuíto Open de Pesca Recreativa “RIA DE VIGO” podedes votar un ollo o Boletín pinchando no enlace.


Moito mar e pouco vento

Sábado, 1 Septiembre 2012, por marineros bouzas

Moito mar mar e pouco vento foi o que atopamos na travesía a Combarro, a volta dentro da Ria co vento xusto na proa tivemos que facer de remolcadores.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad