XIV Concurso de Pesca

O vindeiro SÁBADO 15 DE SETEMBRO, nosa asociación organiza o XIV Concurso de Pesca dende embarcación en modalidade libre. Este concurso esta aberto a todos aqueles que queiran participar e cumpran as normativas, sendo o horario do mesmo o seguinte:

Data: 15 de setembro.

Lugar: pantaláns da asociación.

Hora de saída: a partir das 8 da mañá.

Hora limite de recepción do peixe: as 16,30 no local da asociación.  A continuación iniciarase a pesada das capturas

As inscrición estarán abertas ata o día 14 ás 21 horas no local da asociación.  No momento de inscribirse se fará entrega das bases e normas que rexerán o concurso, e a entrega de premios farase a partir das 20 horas. Haberá premios para os 10 primeiros clasificados, para a peza de mais peso, e para o lote de pezas mellor presentado ó xurado; haberá tamén un sorteo de agasallos se a organización consegue doazóns.

Coma en anos anteriores, coa doazón de parte das pezas capturadas, farase para os participantes no concurso unha fritada mariñeira, e se se pode unha caldeirada, que degustaremos despois da entrega de trofeos.

Moita sorte a todos os participantes!




Unha resposta a “XIV Concurso de Pesca”

  1. antonio dice:

    Braulio, que pasou co comentario que fixen onte, !pasoulle a censura de Bousas!

Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad