Arquivo para Noviembre 2012

Veleando cas corales

Lunes, 26 Noviembre 2012, por marineros bouzas

O magnifico recital que nos ofreceron o sábado pasado as corais,   Amadeus de Vigo co súa directora Norma Uribe Echevarría,  o   Colexio de Avogados de Pontevedra dirixida por Alberto Currás Piñeiro, e  Xuntanza de Covelo que a dirixe o compositor Xulio Domínguez, fixo as delicias do publico asistente, especialmente cando as tres xuntas interpretaron Catro vellos mariñeiros, moi relacionada co mundo onde nos movemos, o publico acompañounos e agasallounos cun moi forte aplauso.









 

Canción Mariñeira 2012

Miércoles, 21 Noviembre 2012, por marineros bouzas

Xa temos o programa do XIV Concerto de Corais da Canción Mariñeira, Celebrarámolo no IES Audiovisuais de Vigo Bouzas. O SÁBADO 24 DE NOVEMBRO DE 2012 as  20,00 Horas.

A entrada e libre polo que estades todos invitados. Este concerto será o que peche as actividades do ano 2012

XIV Concerto de Corais

Miércoles, 14 Noviembre 2012, por marineros bouzas

Pendentes de completar o programa que nos van ofrecer as corais, para que vaiades reservando o día, adiantámosvos a fecha e lugar do evento.

O XIV Concerto de Corais da Canción Mariñeira, celebrarémolo o sábado 24 de novembro de 2012 as 20,00 horas, no IES AUDIOVISUAIS DE VIGO BOUZAS

Peche de campaña

Domingo, 11 Noviembre 2012, por marineros bouzas

Ca entrega de premios do 1º Circuíto Open Pesca Recreativa Responsable Ria de Vigo, organizado pola Federación Galega de Pesca Responsable pechouse a campaña de pesca, na cea estiveron 54 persoas e houbo agasallos para todos os que participaron no circuíto, o premer premio do campionato foi para a embarcación Mariajo VI

Os responsables tamén entregaron métopas as asociacións involucradas no campionato en agradecemento a súa participación. A entrega de premios estivo presidida polo presidente da Confederación Española de Pesca Esteban Graupera.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad