Eles seguen investigando e nos, seguimos colaborando co Colexio Alborada nas faenas de fondeo de captadores. O profesor de ciencias Alberto García, sigue liderando as actividades de investigación, e implicando os alumnos do colexio en diversos proxectos de investigación.
Estudio da biodiversidade en dous puntos distintos mediante a fixación de captadores co obxectivo de comprobar que sistema e mais eficaz para recoller microorganismos, fabricando captadores de distintas formas.
No estudio puideron comprobar como a fixación e distinta segun os captadores, comprobando a gran cantidade de organismos vivos que se poden estudar: picnogónidos, equinodermos, crinoideos, holoturias, erizos, ascidias, planarias, nudibranquios, poliquetos, crustáceos, e outros moitos.
Tamén traballan, na campaña de de concienciación para defender o cabalo de mar na Ria de Vigo, atuando en varias direccións, incluíndo a confección dun mapa sinalando os puntos onde se atopan, e comunicándolle os resultados o Instituto de Investigacións Mariñas de Bouzas. Aplaudimos as labores destes equipos que se preocupan polo estudio e defensa dos recursos do mar.