Arquivo para Febrero 2013

O mar como medio de transporte

Miércoles, 20 Febrero 2013, por marineros bouzas

No ano 1.918 foi botado o mar o pailebote de tres paus “Santa Eulalia” de 34 metros de eslora, xemelo do “Constantino Candeira” o barco onde Manuel Antonio concibiu o poemario de catro a catro. Naqueles tempos os portos galegos estaban cheos de pailebotes, pataches, trincados e galeóns eran nosos barcos de transporte.

Nestes intres esta navegando a 20 nudos fronte as Illas Cíes o porta-container “Edith Maersk” este Barco feito en Dinamarca no ano 2007 ten 398 metros de eslora e 56 metros de manga,  pode levar 13.500 contairners e para desprazar esa mole leva un motor wärtsilä de 108.800CV, e dos motores mais grandes do mundo e tamén foi fabricado en Dinamarca, onde antes tamén facían pataches.


Un regalo pra os ollos

Miércoles, 6 Febrero 2013, por marineros bouzas

Na Ria e Vigo, en Bouzas, non resulta difícil ver velas vellas empuxando a barcos vellos. Noutras xornadas tamén e doado ver barcos de ultima xeneración. Nas fotos o “Deep Orint” facendo probas. Tratase dun Offshore de 135 metros de eslora construído nos Asteleiros de Vigo para unha Armadora Francesa. A enorme grua de 250 toneladas, pode traballar con pesos a 3000 metros de profundidade. E nos queren quitar os estaleiros.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad