1º Concurso do ano de pesca infantil

O primeiro concurso do ano de pesca infantil, colle impulso.  A pesares de que da bastante traballo organizar estas actividades, ensinar ós nenos a respectar o medio ambiente mariño, merece a pena.

A Federación Galega de Pesca Responsable, FEDPEMAR, pensou en nos para levar adiante a organización de este evento.  Así que de acordo cos patrocinadores, metémonos de cheo no TROFEO LEXMAR, e como mostra deixámosvos un mini reportaxe.

 

Non damos feito

Os do programa Onde Vai a Xente da TVG, pedíronnos facer un dos capítulos mostrando as actividades da nosa asociación, e como nos resulta difícil dicir no, puxémonos mans a obra. Despois de organizar os equipos que participaron, durante dous días, andivemos liados ca rodaxe. Como aperitivo poñemos unhas cantas fotos, da saída a navegar da pasada semana.