Bouzas síntese mariñeira

Nas 14 edicións anteriores, que Mariñeiros de Bouzas leva organizando este certame, sempre foron concertos de Corais, neste XV Concerto quixemos que nosa aposta pola defensa da Cultura Marítima, estivese inda mais significada, mezclandose o tesouro vivo dos galegos, “os barcos” ca cultura tradicional dos cantos que noutros tempos case que eran cousa de todos os días.

O salón do IES petado a rebotar, a metade do concerto o publico, animados polo director do Orfeón comenzou a cantar. Na noite do sábado, gaitas, tamboriles, bombos, frautas, pandeiretas e a maxistral acordeón da man do mestre e director Luís Prego fixo as delicias dos asistentes o concerto.

A tradición das velas e dos barcos vellos dialogaba cos golpes do bombo e demais instrumentos facendo unha noite máxica, onde fundíase co decorado do escenario posto para a ocasión, é presidido por dous faluchos de Bouzas, con outros trebellos de pesca que enlazábanse cos cánticos en perfecta sintonía.

O Orfeón Mariñeiro do Berbés http://orfeonberbes.blogspot.com.es/ nado no ano 2011. En moi pouco tempo consolidouse como un referente a ter en conta na musica tradicional popular, enmarcado na A.V.V do Casco Vello http://www.avcascovello.com/ capitaneada por Cándido Pérez ofreceunos un Repertorio totalmente integrado ca Cultura Tradicional do Mar. Que os ventos vos acompañen nas seguintes singraduras compañeiros.


Unha resposta a “Bouzas síntese mariñeira”

  1. Carlos dice:

    Magnifica actuación que nos ofrecieron a todos los asistentes los componentes del “Orfeón Mariñeiro do Berbés”, que bajo la dirección de su director, Luis Prego, supo con sus oportunos comentarios entre canción y canción, dar a conocer al público asistente la maravillosas canciones marineras tradicionales.
    Enhorabuena a los Asociación de Marineros tradicionales de Bouzas, por la organización del XV evento y espero que cumplan muchos más.

Deixa un comentario