Inda non rematamos de navegar

Enmarcado no Proxecto Proamare, a FGCMF de acordo co CETMAR desenvolveu un programa de actuacións para a posta en valor do Patrimonio Marítimo. O alumnado do CPI de Panxón que esta traballando neste curso sobre os oficios do mar, foi premiado a unha xornada de navegación como clase de practicas do curso, asi que arbolamos os barcos, é saímos a navegar con eles, para que coñeceran de primeira man como eran os barcos de traballo dos galegos que agora consideramos forman parte do noso Patrimonio.

XVI Concerto de Corais da Canción Mariñeira

O Sábado 22 de Novembro as 20,00 Horas no IES-AUDIOVISUAIS de Bouzas, celebraremos unha nova edición do noso tradicioanal concerto de corais da canción mariñeira.

Este ano cada coral interpretara, 5 ou 6 pezas e ao remate do evento interpretaran en conxunto unha peza de especial significado mariñeiro.

A asistencia e de balde, e vos animamos a todo a que acudades ao evento.

Proa a Rande

O sábado 18, Mariñeiros de Bouzas pon proa a Rande para conmemorar a famosa batalla e participar nas actividades.  A Asociación Cultural de Rande, capitaneada por Juan José Comesaña é ca colaboración do Concello, organiza a conmemoración do aniversario da Batalla de Rande entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa, o 23 de Outubro de 1.702.

Agora estes feitos podedes rememoralos visitando o Centro de Interpretación Meirande, situado na vella fabrica do Alemán, antiga conserveira arruinada na costa de Rande.

A “festa de Conmemoración” desenvolvera unhas xornadas culturais nas que participara a poboación da bisbarra con formas de vida e vestimentas da época. Con estes feitos daranse a coñecer a historia da batalla, os personaxes vinculados aos acontecementos históricos e as formas de vida relacionadas ca enseada.

 

A carón do OASIS OF THE THE SEAS

Os barcos de Bouzas pásanlle pola proa ao xigante dos mares. Miles de persoas quixeron contemplar este transatlántico de 362 metros de eslora, nos movémonos en torno a este coloso atracamos a seu carón gracias a colaboración do R.C. Náutico de Vigo que permitiunos o atraque nas súas instalacións con toda xenerosidade. Os turistas e visitantes puideron contemplar as diferencias entre os barcos de traballos dos galegos, é os barcos pensados e destinados o lecer. Tanto no atraque dos nosos barcos en primeira liña, e cas velas despregadas, coma nas manobras de navegación en torno o barco, foron quizá miles as fotos que lle fixeron os barcos patrimoniais dos galegos.