Arquivo para Marzo 2014

A Fanequeira xa esta de volta no mar

Viernes, 28 Marzo 2014, por marineros bouzas

Despois de levar ao seu sitio o corredor de estribor, é reclavar, tocou sanear lixar e por ultimo coma sempre o maquillaxe, e dicir unha man de varios chapapotes segun que partes do barco, patente, pintura, e lasures.

fanequeira

Os Jabegotes seguen remando

Domingo, 23 Marzo 2014, por marineros bouzas

Nosos amigos os Jabegotes Malagueños dende que se fixeron ca “Vendaval” non paran de remar, vexo que cando vai Carlos de patrón mesmo lle pon proa a calquera barco por grande que sexa.

O importante é que xa están pensando en vir o próximo encontro da FGCMF, é comentáronme que están dubidando entre facer un carro para traer o barco por terra ou vir remando ata Galicia.

O Mary Maersk

Miércoles, 12 Marzo 2014, por marineros bouzas

O Mary Maersk, é o novo barco da navieira Maersk esta compañía sigue batendo recors. En febreiro do 2013 falabamos eiqui do porta-container “Edith Maersk” de 398 metros de eslora e 56 de manga.

Agora falamos do cargueiro mais grande do mundo dende setembro do 2013, o Mary Maersk ten 399,25 metros de eslora 59 de manga, 73 metros dende a quilla a perilla, ten 30 metros de casco dos cales cando vai a plena carga 16 van debaixo do mar, pode levar 18.000 contedores, fai pouco pasou pola nosa costa con olas de 9 metros e só se escorou 9 grados.

A Carlota xa esta lista

Sábado, 1 Marzo 2014, por marineros bouzas

A “Carlota”, é unha dorna naseira que foi construída no ano 1971 polo mestre carpinteiro Manuel Costas Gómez (da Illa de Arousa), fixo moitas singraduras como barco profesional, mais tarde, un dos nosos socios recuperouna para a navegación de lecer, e finalmente foinos doada a asociación, despois dunha boa reparación, quedou como nova.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad