Arquivo para Abril 2014

O Anguleiro, quedou coma do trinque

Domingo, 27 Abril 2014, por marineros bouzas

Noso carocho de 6 metros de eslora, xa esta listo para navegar polos mares do mundo, non en balde xa estivo navegando nos Mares da Bretaña. Esta reliquia do patrimonio etno-fluvial, é a embarcación mais característica da parte baixa do Rio Miño, onde nas terras galegas coñecese coma bote anguleiro.

O Ferreiro da Brincadeira fainos un áncora Almirantazgo

Miércoles, 16 Abril 2014, por marineros bouzas

Noso ferreiro e navegante David, o mosense estudante de arte, montou un ano mais sua forxa tradicional na festa da Brincadeira de Bouzas, que xa sabedes que foi na casa do alcalde desta Vila onde se fixeron as reunións para planificar a expulsión dos Franceses de Vigo.

Aproveitando o dia de traballo, é ca colaboración de Carlos, que tamén navega con nos  fíxonos un áncora Almirantazgo, traballo que lle tiñamos encargado para fondear os nosos barcos nas futuras singraduras.

Os barcos dos galegos nun novo libro

Martes, 8 Abril 2014, por marineros bouzas

“Embarcacións Tradicionais. Galicia. Pasado e presente.”   Trátase dun libro de gran formato, apaisado, 260 páxinas e que, se compón de dúas partes; o Presente que recolle os dous últimos anos de traballo de fotógrafos e xornalistas para falar dos Encontros de Embarcacións, e o Pasado no que recolle a reprodución de postais anteriores a 1930. Nel atoparedes sorpresas, e moitos dos que andades no mundo dos encontros aparecedes nas súas paxinas.

libro

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad