Arquivo para Junio 2014

A xornada de traballos concluíu con exíto

Jueves, 26 Junio 2014, por marineros bouzas

Limpáronse a superficie da praia de Bouzas, a escollera e os fondos mariños da enseada dentro dunha nova xornada adicada ao Medio Ambiente. Arredor de sesenta persoas participaron nas labores de limpeza da superficie da praia do Adro, da superficie da escollera, do paseo e dos seus fondos mariños, en plena baia de Bouzas.

Entre elas atopábase unha dotación de Protección Civil con persoal de apoio en terra e no mar, tamén mergulladores dos Bombeiros do Concello de Vigo, da Policía Autonómica, do C.E.M.M.A e mergulladores voluntarios, amais uns corenta e cinco voluntarios, entre socios e colaboradores da asociación.

O equipo de traballo contou con tres botes de apoio e dous barcos para sinalizar a zona de traballo dos mergulladores, amais dos necesarios materiais de limpeza cedidos polos Servizos de Vías e Obras do Concello de Vigo, contouse tamén coa colaboración da Autoridade Portuaria e da Capitanía Marítima de Vigo da ONG C.E.M.M.A. (coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).

Os limpadores empregáronse a fondo ao longo da escollera do paseo tanto na superficie como nos fondos mariños dos que retiráronse uns 3000Kg de lixo composto de diversos materiais, foi relevante a cantidade de restos de artes de pesca en desuso, pola dificultade que implica sua retirada e pola cantidade de seres vivos que se acumulan nelas, motivo pola que este ano contouse coa colaboración dos técnicos da ONG C.E.M.M.A. www.cemma.org coa fin de rescatar os seres vivos atrapados nos lixos do fondo do mar para depositalos nun viveiro expositor para devolvelos posteriormente ao seu hábitat.

 

 

O Buraxeiro

Miércoles, 25 Junio 2014, por marineros bouzas

Este ano tocoulle ao “Buraxeiro” unha reparación a fondo. Tratase dun bote dos que faenaban na enseada de San Simón.

buraxeiro

21 de Xuño Concurso de Pesca Infantil

Viernes, 13 Junio 2014, por marineros bouzas

O sábado 21 de xuño celebraremos o XIII Concurso de Pesca Infantil. Con esta actividade queremos fomentar nos xoves pescadores a pesca responsable é orientalos na defensa do medio ambiente mariño.

As bases do concurso recóllense na asociación, é participar no mesmo, implica a aceptación e cumprimento das base establecidas para seu desenrolo, adiantamos que a modalidade de pesca será corcheo sin morte.

Haberá premios para os primeiros clasificados, e agasallos para os demais participantes que deberan estar acompañados dun adulto responsable dos mesmos. O concurso esta aberto para todos os que queiran participar.

Cartel Pesca Inf. 2014

Nosa xornada de concienciación do medio ambiente

Lunes, 2 Junio 2014, por marineros bouzas

Co fin de preservar e cuidar noso entorno, o sábado 14 de xuño, traballaremos arreo. Para elo contaremos ca colaboración de todo o voluntariado da asociación, socios e non socios é ca inestimable axuda de grupos de mergulladores de distintos colectivos, é en xeral de todas as persoas as que lles guste a defensa dos areais e dos fondos mariños mais achegados a nos, no cartel tendes o horario.

Cartel__Med. Amb.2014

Pregamos os voluntarios que comuniquen a Xunta Directiva sua participación para asi poder organizar con tempo os distintos equipos. Como cada ano retiraremos dos areais e dos fondos mariños os lixos mais contaminantes e persistentes, os chamados de longa vida entre os que están os plásticos, metais, vidros, nasas, redes, cabos e outros contaminantes. Con estas actuacións pretendemos limpar o contorno, prexudicado este ano ademais polos restos de diversos obxectos contaminantes arrastrados polos temporais deste inverno tan duro.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad