21 de Xuño Concurso de Pesca Infantil

O sábado 21 de xuño celebraremos o XIII Concurso de Pesca Infantil. Con esta actividade queremos fomentar nos xoves pescadores a pesca responsable é orientalos na defensa do medio ambiente mariño.

As bases do concurso recóllense na asociación, é participar no mesmo, implica a aceptación e cumprimento das base establecidas para seu desenrolo, adiantamos que a modalidade de pesca será corcheo sin morte.

Haberá premios para os primeiros clasificados, e agasallos para os demais participantes que deberan estar acompañados dun adulto responsable dos mesmos. O concurso esta aberto para todos os que queiran participar.

Cartel Pesca Inf. 2014


Deixa un comentario