A xornada de traballos concluíu con exíto

Limpáronse a superficie da praia de Bouzas, a escollera e os fondos mariños da enseada dentro dunha nova xornada adicada ao Medio Ambiente. Arredor de sesenta persoas participaron nas labores de limpeza da superficie da praia do Adro, da superficie da escollera, do paseo e dos seus fondos mariños, en plena baia de Bouzas.

Entre elas atopábase unha dotación de Protección Civil con persoal de apoio en terra e no mar, tamén mergulladores dos Bombeiros do Concello de Vigo, da Policía Autonómica, do C.E.M.M.A e mergulladores voluntarios, amais uns corenta e cinco voluntarios, entre socios e colaboradores da asociación.

O equipo de traballo contou con tres botes de apoio e dous barcos para sinalizar a zona de traballo dos mergulladores, amais dos necesarios materiais de limpeza cedidos polos Servizos de Vías e Obras do Concello de Vigo, contouse tamén coa colaboración da Autoridade Portuaria e da Capitanía Marítima de Vigo da ONG C.E.M.M.A. (coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).

Os limpadores empregáronse a fondo ao longo da escollera do paseo tanto na superficie como nos fondos mariños dos que retiráronse uns 3000Kg de lixo composto de diversos materiais, foi relevante a cantidade de restos de artes de pesca en desuso, pola dificultade que implica sua retirada e pola cantidade de seres vivos que se acumulan nelas, motivo pola que este ano contouse coa colaboración dos técnicos da ONG C.E.M.M.A. www.cemma.org coa fin de rescatar os seres vivos atrapados nos lixos do fondo do mar para depositalos nun viveiro expositor para devolvelos posteriormente ao seu hábitat.

 

 


Deixa un comentario