Unha historia apaixoante

Daniel Pazó Vila de novo na prensa. Despois da magnifica exposición que recolle parte de sua biografía e traballos, dirixida por Jose Manuel ex presi de Marisma da Ramallosa e militante da Cultura Marítima, agora nos volve a sorprender cunha prenda única en España a mariñeira que vestiu durante a guerra civil no bando republicano defendendo a legalidade como gustan de dicir seus fillos.

daniel4

Regata de Faluchos en Bouzas

O Sábado 19 de Xullo as 17,30 horas celebraremos o “X CAMPIONATO DO MUNDO DE FALUCHOS” estas pequenas embarcacións feitas aproveitando as latas dos bidóns (dos aceites de lubricación das máquinas), de madeiras, masilla e puntas que os rapaces de Bouzas facían nos anos 20, chegaron a ter unha gran relevancia nas festas de Bouzas dos anos 40 ate o punto de que cruzábanse fortes apostas entre os patróns, tamén entre o publico e o premio para o gañador era de 200 pesetas.

Os rapaces empregaban os faluchos para pescar preto da praia, ben para facer de “gaivotos” buscar e recoller as madeiras caídas dos estaleiros ou peixe ao costado dos barcos da sardiña da palometa ou de calquera outra costeira, pero sobre todo o uso mais importante era para facer as regatas. A finais da década dos 50 estas regatas de faluchos cesaron e con elo o uso do falucho.Temos constatado que este tipo de embarcacións ou moi parecidas, construíanse en distintas vilas mariñeiras de Galicia baixo diferentes nomes, pero onde seu uso acadou maior difusión e repercusión foi na nosa Vila de Bouzas dende o ano 1930 ata finais de 1950.

A principios dos 90 se recupera a tradición das regatas de faluchos empregando embarcacións similares en materiais e formas como os que se empregaban antigamente dende entón e de xeito ininterrompido se celebran regatas e dende fai 10 anos a regata senlleira é a das Festas de Bouzas que esta rexistrada pola Cofradia do Cristo coma Campionato do Mundo de Faluchos. Como indicador da relevancia dos faluchos e da actividade recuperadora desta tradición, sinalaremos que un dos principais museos de embarcacións do mundo (a flote e en seco) como é o da poboación bretona de Douarnenez que ten entre as súas pezas dúas embarcacións galegas, unha dorna e un falucho de Bouzas.

Animada xornada de pesca en augas de Bouzas

Un total de 29 participantes de ata 12 anos estiveron pescando no XII Concurso de Pesca Infantil en augas de Bouzas. A Asociación de Mariñeiros organizou novamente este concurso anual co obxectivo de iniciar aos mais pequenos no arte da pesca e fomentar sua practica.

Ademais das administracións, Concello de Vigo e Autoridade Portuaria, tamén contamos co patrocinio de Mundo Moble, Jesús Betanzos e Reloxería Mayo. Houbo trofeos paro os oito primeiros e para a peza maior, tamén houbo unha medalla conmemorativa e unha gorra para todos os participantes que despois da entrega de trofeos repoñeron forzas na sede da asociación.