O Sábado 19 de Xullo as 17,30 horas celebraremos o “X CAMPIONATO DO MUNDO DE FALUCHOS” estas pequenas embarcacións feitas aproveitando as latas dos bidóns (dos aceites de lubricación das máquinas), de madeiras, masilla e puntas que os rapaces de Bouzas facían nos anos 20, chegaron a ter unha gran relevancia nas festas de Bouzas dos anos 40 ate o punto de que cruzábanse fortes apostas entre os patróns, tamén entre o publico e o premio para o gañador era de 200 pesetas.
Os rapaces empregaban os faluchos para pescar preto da praia, ben para facer de “gaivotos” buscar e recoller as madeiras caídas dos estaleiros ou peixe ao costado dos barcos da sardiña da palometa ou de calquera outra costeira, pero sobre todo o uso mais importante era para facer as regatas. A finais da década dos 50 estas regatas de faluchos cesaron e con elo o uso do falucho.Temos constatado que este tipo de embarcacións ou moi parecidas, construíanse en distintas vilas mariñeiras de Galicia baixo diferentes nomes, pero onde seu uso acadou maior difusión e repercusión foi na nosa Vila de Bouzas dende o ano 1930 ata finais de 1950.
A principios dos 90 se recupera a tradición das regatas de faluchos empregando embarcacións similares en materiais e formas como os que se empregaban antigamente dende entón e de xeito ininterrompido se celebran regatas e dende fai 10 anos a regata senlleira é a das Festas de Bouzas que esta rexistrada pola Cofradia do Cristo coma Campionato do Mundo de Faluchos. Como indicador da relevancia dos faluchos e da actividade recuperadora desta tradición, sinalaremos que un dos principais museos de embarcacións do mundo (a flote e en seco) como é o da poboación bretona de Douarnenez que ten entre as súas pezas dúas embarcacións galegas, unha dorna e un falucho de Bouzas.
Emocionantísima competición a de hoxe!!!
Agardamos con impaciencia a crónica oficial e sobre todo esa “foto finish” imprescindible para saber quen foi o campeón dos veteranos.
O que está claro é que haberá que entrenar cos faluchos duramente este ano antes de pensar en anotarse nas regatas na vindeira edición: o nivel é moi alto!