Navegamos co Cabaleiro

Este ano tamén navegamos co Cabaleiro das Conchas, fixemos a travesía Bouzas-San Simón-Bouzas, con sete embarcacións tradicionais, un galeón, un racú, unha buceta, unha traiñeira, unha dorna xeiteira, e dúas dornas polbeiras, mentres que na navegación a Illa tivemos moi pouco vento, a volta sobrounos, xa se sabe que non hai nada que este ben repartido.

 


Unha resposta a “Navegamos co Cabaleiro”

  1. Samuel dice:

    Certo que foi unha navegación de aprender, tanto a navegar sen vento como a navegar con demasiado. Moitas boas leccións saíron desa xornada.
    A pesar dos temores non faltou comida, a organización ben e o enclave espectacular.

    As fotos son moi bonitas, a das tres embarcacións pequenas quedou moi ben e a do racú por diante da ponte de San Simón tamén.
    Moi artísticas a da ponte de Rande e a da traíña co tolete en primeiro plano… pero ¿quén era o fotógrafo fueraborda que sacou a terceira a ras de auga?

Deixa un comentario