Arquivo para Septiembre 2014

A carón do OASIS OF THE THE SEAS

Lunes, 29 Septiembre 2014, por marineros bouzas

Os barcos de Bouzas pásanlle pola proa ao xigante dos mares. Miles de persoas quixeron contemplar este transatlántico de 362 metros de eslora, nos movémonos en torno a este coloso atracamos a seu carón gracias a colaboración do R.C. Náutico de Vigo que permitiunos o atraque nas súas instalacións con toda xenerosidade. Os turistas e visitantes puideron contemplar as diferencias entre os barcos de traballos dos galegos, é os barcos pensados e destinados o lecer. Tanto no atraque dos nosos barcos en primeira liña, e cas velas despregadas, coma nas manobras de navegación en torno o barco, foron quizá miles as fotos que lle fixeron os barcos patrimoniais dos galegos.

Presentación da antoloxía de poesía de Manuel Antonio

Domingo, 21 Septiembre 2014, por marineros bouzas

Manuel Antonio, o grande poeta contemporáneo do mar, xa ten edición completa dos seus versos. O manual “Poesía de Manuel Antonio”, editado e anotado por Xosé Luis Axeitos, foi presentado xoves 18 na libreiría “Andel” de Vigo (Camelias 102).

O profesor Axeitos tivo acceso, por primeira vez aos manuscritos autógrafos de Manuel Antonio o que permitiu correxir numerosas lecturas erradas en edicións precedentes (ámoras por áncoras; cravado por gravado, etc.) e, nomeadamente, presentar o proceso de elaboración do texto poético, ou, como quen dí, o preciso traballo de carpinteiría das palabras realizado polo autor rianxeiro.

Na presentación do libro, participaron Xosé Luis Méndez Ferrín, Anxo Angueira, o diretor da Fundación Barrié, Luis Rodríguez, e o propio autor. Ferrín dixo que Manuel Antonio metera na poesía e na literatura de Galicia os novos horizontes da escrita abertos pola Revolución Rusa e que o fixera como internacionalista confeso. O ex-presidente da Academia recusou expresamente o termo de “cosmopolita” algunha vez aplicado ao poeta.

Anxo Angueira, autor dunha memorábel presentación en Bouzas da súa última obra “Iria”, organizada pola Asociación de Mariñeiros, celebrou a visión en Galego do noso mar, a navegación e a nomenclatura dos barcos de aparello de cruz nos que Manuel Antonio navegara. Angueira saudou a presenza no acto de persoas comprometidas na recuperación e conservación prática de embarcacións tradicionais, entre eles unha representación da directiva da Asociación de Mariñeiros de Bouzas.

Na fotografía de Xaime Nogueira, aparece en primeiro plano Anxo Angueira, durante a súa intervención. A súa beira, o director da Barrié, Ferrín e Axeitos

Pescar e cociñar tamén e cultura

Domingo, 14 Septiembre 2014, por marineros bouzas

2º Cartel Pesca 2014SÁBADO 20 DE SETEMBRO DE 2014. Organizamos o XVI CONCURSO DE PESCA DENDE EMBARCACIÓN EN MODALIDADE LIBRE. Este concurso esta aberto a todos aqueles que queiran participar e cumpran as normativas. Inscribirvos e recoller as bases na asociación, as inscricións son abertas a todos aqueles que queiran participar e cumpran as normativas, no momento de inscribirse farase entrega das bases e normas que rexeran o concurso, co cadro das puntuacións. Os veteranos xa sabedes que si hai peixe faremos unha fritada mariñeira para os participantes no concurso, é se pode ser tamén unha caldeirada. debaixo unhas imaxines do ano pasado.

Punta Moreiras

Viernes, 12 Septiembre 2014, por marineros bouzas

Punta Moreiras un curruncho para soñar

Viernes, 12 Septiembre 2014, por marineros bouzas

Enclavada nunha fermosa baia chea de praias e pedras milenarias un valioso lugar natural para conservar. Ata ali navegamos os de Bouzas, desfrutamos do entorno da concentración e sobre todo dos compañeiros que coma nos, dedicamos parte de noso tempo a conservar e dinamizar os vellos barcos e a preservar o Patrimonio Marítimo. Para os que non pudechedes estar deixámosvos unha pequena mostra das xornadas.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad