Arquivo para Octubre 2014

Proa a Rande

Jueves, 16 Octubre 2014, por marineros bouzas

O sábado 18, Mariñeiros de Bouzas pon proa a Rande para conmemorar a famosa batalla e participar nas actividades.  A Asociación Cultural de Rande, capitaneada por Juan José Comesaña é ca colaboración do Concello, organiza a conmemoración do aniversario da Batalla de Rande entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa, o 23 de Outubro de 1.702.

Agora estes feitos podedes rememoralos visitando o Centro de Interpretación Meirande, situado na vella fabrica do Alemán, antiga conserveira arruinada na costa de Rande.

A “festa de Conmemoración” desenvolvera unhas xornadas culturais nas que participara a poboación da bisbarra con formas de vida e vestimentas da época. Con estes feitos daranse a coñecer a historia da batalla, os personaxes vinculados aos acontecementos históricos e as formas de vida relacionadas ca enseada.

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad