Arquivo para Diciembre 2014

Pechan 42 anos da historia de Vigo

Jueves, 25 Diciembre 2014, por marineros bouzas

O Bar Turista, o Bar dos peixes fritos, o Bar dos peixes a prancha, o Bar das boas caldeiradas de peixe a mariñeira, o Bar dos soportais do Berbés, e mil nomes mais, despois de dar miles e miles de comidas pecha. Todos os que gustamos do bo peixe feito moi sinxelamente porque a calidade non necesita mais aderezos sentimos o peche.

Inda non rematamos de navegar

Viernes, 19 Diciembre 2014, por marineros bouzas

Enmarcado no Proxecto Proamare, a FGCMF de acordo co CETMAR desenvolveu un programa de actuacións para a posta en valor do Patrimonio Marítimo. O alumnado do CPI de Panxón que esta traballando neste curso sobre os oficios do mar, foi premiado a unha xornada de navegación como clase de practicas do curso, asi que arbolamos os barcos, é saímos a navegar con eles, para que coñeceran de primeira man como eran os barcos de traballo dos galegos que agora consideramos forman parte do noso Patrimonio.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad