Hai moitos anos que frecuento o Freixo, quedoume claro, co ENCONTRO marcou unha liña cun antes e un despois no concernente os Barcos Tradicionais, dende xullo do 2013 ata agora xa visitei a ribeira do Freixo unhas cantas veces, e sempre que vou, incluíndo o domingo pasado, sempre me falan da festa do mar. Para mostra votar un ollo os cadros das fotos que adornas as paredes dos bares e comedores recordando o encontro.
Archivos Mensuales: Febrero 2015
Sopran malos ventos para a pesca deportiva
Onte celebrouse na Coruña a Asemblea da Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo, como nos tamén pertencemos a esta Federación, por ali andivemos, é ca información que nos deron, quedamos preocupados porque avecíñanse malos tempos para a pesca deportiva.
Polo visto a UE, os que como diciamos na entrada anterior entenden mais de carbón ca de pescadas, os mesmos que queren prohibir os aparellos do xeito de toda vida, agora din que a Pesca Recreativa ten un impacto na Pesca Extractiva, polo tanto están a elaborar unha Ley que xa ten 354 folios (moito escriben súas Señorías) na que propoñen que a pesca recreativa sexa sin morte, ou sexa collemos unha faneca a 40metros a metemos a bordo quitámoslle o anzuelo e botámola o mar, todo mundo sabe que non viviría, unicamente que queiran que vaiamos a pescar para que lle demos de comer as gaivotas.
Hai propostas de reclamar unha cuota de pesca para os deportivos, e moitos sabemos que o mais importante para salvar a pesca deportiva e estar organizados para poder defender o que en xustiza entendemos que nos corresponde. Inda que sabemos que xa esta case que todo escrito, asi o artigo 31 da Ley de costas DI:
La utilización del dominio público marítimo-terrestre y, en todo caso, del mar y su ribera será libre, pública y gratuita para los usos comunes tales como pasear, estar, bañarse, navegar, embarcar y desembarcar, varar, pescar, coger plantas y mariscos.
O artigo 132 da Constitución Española DI:
que son bienes de dominio público, el mar territorial y los recursos naturales de la zona económica y la plataforma continental. Ou sexa que agora os da UE os do carbón queren quitarnos os dereitos que xa temos.
A pechar a asemblea acudiu a Vicepresidencia da Deputación tamén o concellal de cultura, aproveitamos para falarlle destas cousas, pero moito máis haberá que facer para que nosas administracións lle digan os do carbón que desde un despacho de Bruselas non se pode lexislar sin pisar antes os areais, onde dende sempre, os Galegos recorremos cando foi necesario para alimentarnos.