Arquivo para Marzo 2015

Os barcos volven a ser os protagonistas

Viernes, 27 Marzo 2015, por marineros bouzas

Despois da completa reparación do bote de manobras, este ano empezamos polas gamelas curuxeiras, eses barcos de formas rectangulares, de fondo case que plano, que noutros tempos eran as embarcacións de artes menores mais importantes na Ria de Vigo. A “Praia da Fontaiña” foi a primeira en pasar polo pendello, e fixaros que bonito quedou o nome que retocou Lorena. “A Marosa” inda sen acabar xa luce os acabados dos artistas que con paciencia danlle as distintas proteccións.

Os futuros defensores do Patrimonio Marítimo

Martes, 17 Marzo 2015, por marineros bouzas

Visitaron-nos os alumnos/as de 1º ESO do Colexio Atlántidas, quenes mostraron inquietudes acerca das distintas tipoloxías dos barcos que antes se dedicaban a pesca, notase a implicación neste campo do profesor cos acompañou nesta xornada.

 

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad