Arquivo para Mayo 2015

Nosa xornada do medio ambiente

Sábado, 30 Mayo 2015, por admin

Convocatoria a participar na Nosa xornada do medio ambiente o SÁBADO 13 DE XUÑO, como cada ano traballaremos duro. Para elo contaremos coa colaboración de todo o voluntariado da asociación, socios e non socios é ca inestimable axuda de grupos de mergulladores de distintos colectivos, é en xeral de todas as persoas as que lles guste a defensa dos areais e dos fondos mariños mais achegados a nos.

Aos voluntarios que poidan participar esperámosvos na Sede da Asociación as 9 da maña para dende ali organizarnos. Como cada ano retiraremos dos areais e dos fondos mariños os lixos mais contaminantes e persistentes, os chamados de longa vida entre os que están os plásticos, metais, vidros, nasas, redes, cabos e outros contaminantes.

Xa falta menos

Viernes, 22 Mayo 2015, por marineros bouzas

As labores de reparación e mantemento dos barcos seguen seu curso, o pasado lus botamos o mar a dorna xeiteira “A Falucheira” e tamén o bote de Ribadeo “Peixiño” de seguido subimos a dorna polbeira “A Madorniña” que esta na chabola é xa comenzaron a traballar nela, o martes subimos no Liceo “A Oleira” na que tamén xa se esta traballando arreo.

A Falucheira

Viernes, 15 Mayo 2015, por marineros bouzas

“A Falucheira” Unha das mellores Dornas Xeiteiras das que navegan nos mares de Galicia, esta en terra, desarbolada, e case que lista para botar ao mar, que e onde ten que estar.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad