Unha nova xornada de traballos adicada ao medio ambiente

Un ano máis volvemos a contar ca profesionalidade sen animo de lucro de submarinistas e voluntarios que fixeron unha óptima labor. Arredor de cincuenta e cinco persoas participaron nas labores de limpeza da superficie da praia do Adro, da escollera, do paseo, e dos seus fondos mariños, en plena Baia de Bouzas, no marco da IX XORNADA DO DÍA DA ASOCIACIÓN E DO MEDIO AMBIENTE MARIÑO.

Entre os voluntarios atopábase unha dotación de Protección Civil con persoal de apoio en terra e no mar, tamén mergulladores dos Bombeiros do Concello de Vigo, de montañeiros Celtas e mergulladores voluntarios, contamos tamén co apoio voluntario da asociación de rescates subacuáticos JET GALICIA que desprazou o evento unha das súas unidades de rescate que incluía unha padiola de transporte marítimo. No enlace tedes un vídeo feito por eles.

Os equipos dos mergulladores contaron co apoio de catro embarcacións a motor e catro embarcacións tradicionais que actuaron para sinalizar a delimitación da zona dos traballos é para izar a bordo os lixos contaminantes para devolvelos a terra, contouse tamén cos medios materiais necesarios cedidos polos Servizos de limpeza e de Vías e Obras do Concello de Vigo (contedores, carretillas, cápachos, pas, cepillos e rastrillos) asi mesmo contamos ca colaboración da Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima de Vigo.

Os limpadores empregáronse a fondo ao longo da escollera e do paseo tanto na superficie como nos fondos mariños dos que retiráronse mais de 2000Kg de lixo composto de materiais diversos como dúas vallas do peche da Zona Franca, artes de pesca en desuso, nasas, cabulleria, madeiras, ferros, rodas, botellas, boias e bolsas de plástico, rezóns,etc., nos que se acumulaban unha importante cantidade de seres vivos, motivo polo que, ao igual que o pasado ano, contouse coa colaboración dos técnicos de ONG C.E.M.M.A. que dentro da súa campaña de sensibilización para primar a vido do mar participaron cunha unidade de recuperación ambiental xunto cos mergulladores, estes recolleron lixos do mar para logo clasificalos, limpar e recuperar os organismos adheridos.

Os seres vivos recuperados foron sobre todo: mexonas (ascidias), mexilons, zamburiñas, ostras, caranguexos, nécoras, plumeiros (espirógrafos), postas de choco, lapas, ourizos, ofiuras, ou algúns peixes. Estes organismos, unha vez limpos e recuperados, foron devoltos ao mar.

O despregamento de voluntarios permitiu tamén a limpeza exhaustiva da rampla de varada, dos pantaláns e dos finguer. A xornada rematou coa degustación de pinchos e unha perola de callos para todos os participantes.

Cambio de rumbo nas navegacións dos mércores

Despois de varios anos seguidos en que a Asociación Mariñeiros de Bouzas, cada ano, e cada mércores, saia a navegar nos barcos tradicionais, levando a calquera persoa que se acercase pola asociación, este ano queremos dar outro paso e poñer en marcha un novo método, que consistira en facer navegacións especificas de especialización con aquelas persoas que teñen navegado con nos, e que están interesadas en aprender a patronear asi como aprender as labores de mantemento dos barcos, estas persoas xa están convocados e en breve iniciamos esas xornadas. Para elo fixemos un “Manual de Iniciación á Vela nas Embarcacións Tradicionais”

No obstante, segun dispoñibilidade de patróns, tamén faremos algunhas saídas nas que poderá participar persoas que queira probar si lle gusta, para mais adiante apuntarse as saídas organizadas, de non haber patróns ese dia poderiamos apuntar aos interesados para a seguinte xornada de Navegación. Sobre a marcha, iremos mirando como se desenrolan as navegacións.

mercores11 mercores12 mercores10 mercores10