Po los mares de Combarro

Un ano mais puxemos Rumbo a Combarro, navegamos primeiro dende Bouzas a Portonovo, onde paramos a comer, navegamos con calma chicha asi que todo tempo a motor, e todo mundo fixo fotos na travesía, ademais aproveitabamos o bo tempo para ir repoñendo forzas polo camiño. Dende a Vila onde se asentan nosos compañeiros “Os Amigos da Dorna de Portonovo” ata Combarro puidemos navegar a vela nun Rumbo ben bonito.

Xa neste fermoso lugar o amplo programa que nos ofrecía Combarro mantívonos ocupados pola Vila adiante, e case que non fixemos fotos.  Pero a volta, o dobrar Cabo Udra os barcos xa empezaron a bailar, é mais o Sur despois de virar Punta Couso e deixar “As Osas” por Babor, os barcos ensinaban parte da quilla cos pantocazos, estas travesías, con eses mares, eses ventos, eses sentires do salitre no corpo, esas cousas ahi que vivilas, experimentalas, porque a algúns lles agobia, lles angustia, e a outros enaltécenlle os sentires. Notouse que o forno non estaba para bolos, e nadie fixo fotos, que magoa porque seguro que sairían ben bonitas.

Nos botamos unha man, é eles seguen acumulando premios

O Colexio Plurilingüe Alborada, co profesor Alberto García a cabeza, acaba de facer publico seu agradecemento a nosa asociación. Eles continúan acumulando premios, e como todos os anos dende hai polo menos catro, nosa Asociación bota unha man poñendo a sua disposición noso pendello, nosas ferramentas cas que se fabrican os dispositivos, captadores, mini bateas, e outros aparellos necesarios para desenvolver os proxectos. Nosos barcos e os patróns colaboradores levan os investigadores polas augas da Ria para levar adiante as investigacións.

Eles gracias a seu tesón seguen acadando premios nas Feiras de Ciencias nas que participan. Este ano en Galiciencia de Ourense, na exporecerca de Barcelona e no concurso esdelibro levaron premios cos proxectos

O Cultivo das Asicidas a través de captación no medio natural para fabricar fariña, papel e bioalcohol, gañou o premio do CSIC na Exporecerca de Barcelona do mes do mar, e tamén o traballo que estudou o policultivo do mexilon e algas laminarías levaron un recoñecemento de mérito polo traballo realizado.